Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 29 de maio

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os mandos militares da Escola Naval de Marín, trala peregrinación a Santiago.

11.00 h
No CSC das Fontiñas, Decoración con plomo: Manualidades dentro do prograna do Club dos Maiores.
11.30 h
No CSC Agustín Bueno do castiñeiriño, Xandobela, Obradoiro de Encadernación dentro do programa Santiago Encantado.
18.00 h
No CSC de Conxo, Marisa Irimia, contacontos dentro do programa Santiago Encantado.
20.00 h
No CSC da Trisca, concerto de Comisa Bal dentro do programa No Campo de Fóra, en colaboración con aCentral Folque.

20.30 h
Curtocircuíto
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Gala de Clausura de Curtocircuíto, onde se fará entrega dos galardóns desta edición. Asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde. No transcurso da gala estrearase, ademais, a curta gañadora da pasada edición de Compostela Plató, Checkout.

21.00 h
Revelando Voces
No CSC das Fontiñas, concerto de La Edad prohibida dentro do ciclo Revelando Voces. A entrada é de balde ata completar aforo.

21.00 h
Revelando Voces
No CSC e Xuvenil do Ensanche, concerto de Brandelia dentro do ciclo Revelando Voces. A entrada é de balde ata completar aforo.

23.00 h
Curtocircuíto
No Teatro Principal, proxección das curtas gañadoras de esta edición.

Compartir: