Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 25 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Amelia González, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA de presentación do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana na súa cuarta edición, creado e organizado polo Consorcio de Santiago coa colaboración da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) do Ministerio de Asuntos Exteriores e a Dirección Xeral de Relacións Externas e coa Unión Europea da Xunta de Galicia. Asisten:
Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago.
Amparo Gómez-Pallete, xefa da Área de Patrimonio da AECID.
Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de benvida aos participantes no IV Congreso nacional de Auditoría no Sector Público.

VII edición de Curtocircuíto
10.00h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Público Novo de 11 a 14 anos.
11.30h.No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Público Novo de 11 a 14 anos.
16.00h. Na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Obradoiro Paleta Gráfica Codeco.
18.30h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Explora 2.
18.30h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección España 3.
18.30h. Na Aula Sociocultural de Caixa Galicia, proxección de Cine Fantástico.
18.30h. Na Zona "C", Encontro de Cineastas Galegos.
19.30h. No Pug Garum, Happy Hour.
20.30h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección España 2.
20.30h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección Internacionais 5.
22.30h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Galiza 1.
22.30h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección Explora 3.
00.00h. Noite no Ultramarinos

Compartir: