Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de maio

10.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos traballadores do Concello con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de Apertura do V Encontro Thao. Asisten: Roberto Sabrido Bermúdez, presidente de AESAN; Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación da Xunta de Galicia; Senén Barro Ameneiro, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; Pedro Castro, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP); Dr. João Breda, senior technical officer da División de Programas de Saúde da Organización Mundial da Saúde (OMS); e Henri García, presidente da Fundación Thao.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar Platonov, do Centro Dramático Nacional, que estará no Teatro Principal os días 21 e 22 dentro do ciclo Teatro e Danza en Xira. Na rolda estarán os actores Pere Arquillué, Mónica López e Elisabet Gelabert, así como o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o desfile de Stormtroopers do 21 de maio. Na rolda tamén estará un dos organizadores do desfile, Iñaki Quenerapú, e a membro da directiva da Asociación Cidade Vella, Pilar Pérez.

12.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán,Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o Congreso de Empresarios Hoteleros de España, que se celebra na cidade do 19 ao 22 de maio.

19.00 h
No Paraninfo da USC (Facultade de Historia), o alcalde compostelán,Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega da insignia de ouro da USC ao pintor Antón Lamazares.

20.00 h
No Salón de Actos da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), mesa redonda: A Lei 2/2007, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia. Tres anos da súa aplicación práctica. Participantes: dona Filomena Casal Gómez, secretaria xeral da Cámara de Comercio, Industria e Navegación e dona María Debén Alfonso, asesora xurídica do Centro de Información á Muller da Coruña. Moderará dona Mar Martín García, concelleira delegada de Igualdade e Benestar Social.

21.00 h
Revelando Voces
No LSC de Amio, concerto do grupo de jazz contemporáneo Pi Graos dentro do ciclo Revelando Voces.

Compartir: