Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 16 de abril

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia-almorzo organizado por Fórum Europa-Tribuna Galicia na que actuarán como ponentes o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e o secretario xeral de CC.OO-Galicia, José Manuel Sánchez.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico do Coro da Rá, dirixido por Ramón Bermejo.

11.00 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, visita a rúa Agra de Arriba, en Meixonfrío. Punto de encontro: bar José Rey.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o estudo "Censo de locais de negocio de Santiago de Compostela", no marco do programa Esta primavera, máis comercio. Merca en Compostela, a túa capital de compras.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, inauguran a exposición "Santiago, Cidade Ilustrada", á que tamén asisten os comisarios da exposición, Gemma Sesar e Fausto, e o xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Miguel Fernández Fiz. Neste acto tamén participarán estudantes do IES Rosalía de Castro.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, do concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, e dos composteláns Andrés Fraga e Juan Rivas "Coru", para presentar a peregrinación que estes últimos van realizar desde o Cabo Norte (Noruega) ata Santiago en 7 meses dentro do proxecto "6 millóns de pasos".

19.00 h
No CSC da Gracia, Títeres Cachirulo presenta Contos de animais para os máis pequenos dentro de Letras Vivas Animación.

19.30 h
No Polígono do Tambre, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración das novas instalacións do Grupo Diyesca

19.30 e 21.30 h
No CSCX do Ensanche, Escena Clube Teatro presenta O intérprete diante da cámara de Nathan Carter.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda de Música e Coro da Asociación Cultural-musical Solfa, dentro do programa Os nosos poetas a través da música. O programa está composto por poemas musicados de Rosalía de Castro, Manuel María, Chao Rego, Marta Dacosta e Castelao.

21.00 h
No CSC das Fontiñas, conferencia A La Habana quiero ir, de Ramón Pinheiro, historiador, e Alejandro Vargas, pianista. Dentro do programa No campo de fóra en colaboración con aCentral Folque.

Compartir: