Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a reestruturación da Rede de Centros Socioculturais.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o plan de obras nos centros educativos no marco do Fondo Estatal para a Sostibilidade Local

12.30 h
Na fonte enfrente do IES Rosalía de Castro, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presenta o despregable Fontes con historia acompañada de Paula Piñeiro, responsable de Aquagest en Santiago, e Mercedes Vázquez, de Dehistoria.

Santiago-Une
18.30 h
Na Fundación Galicia Europa (rue de la Loi, 38-2º), en Bruxelas, o alcalde compostelán presenta o proxecto Santiago-Une. A continuación, inaugura a exposición Santiago une a Europa.

Compartir: