Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 6 de febreiro

12.00 h
No Centro Sociocultural da Rocha, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "A Camelia, flor do Camiño Portugués", organizada pola asociación cultural A Rocha Forte.

17.30 h
No pavillón polideportivo de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, asiste ao X Campionato Galego de Grupos Show de Patinaxe Artística. Participarán uns 250 patinadores neste torneo, clasificatorio para competir no campionato español, que se celebrará no mes de marzo en Pamplona.

19.00 h
No CSC das Fontiñas, Manualidades para nenos e nenas dentro do programa da Aula de Xogo.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Marc Parrot: 50 Anos da nova cançó.

Compartir: