Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe un grupo de alumnos e alumnas do IES Antón Fraguas que están a realizar un traballo sobre a Administración municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

14.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Xogamos en francés, para nenos e nenas de 4 e 5 anos, dentro do programa da Aula de Xogo.
19.00 h
No CSC das Fontiñas, Xogamos en francés, para nenos e nenas de 6 a 9 anos, dentro do programa da Aula de Xogo.
19.00 h
No CSC das Fontiñas, O soño dunha noite de verán, expresión corporal, dramatizacións, danza e música encamiñadas a montar un musical. Para nenos e nenas a partir dos 9 anos. Dentro do programa da Aula de Xogo
19.30 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición de homenaxe á historia da gastronomía galega, que se enmarca no Fórum Gastronómico, baixo o título "Ao pé do lar. Memorias de cociña".

Compartir: