Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de febreiro

11.30 h
No Museo do Pobo Galego, ROLDA DE PRENSA e visita guiada para os medios de comunicación á exposición "Ao pé do lar, Memorias da cociña", enmarcada no Fórum Gastronómico, e que recolle 2.000 anos de historia gastronómica de Galicia.
Participan: Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Promoción Económica e Turismo; Manuel Gago, comisario da exposición; Pep Palau, codirector do Fórum Gastronómico; José Manuel García Iglesias, director da Obra Social Caixa Galicia; Mª Nava Castro Domínguez, directora xeral de Comercio.

12.00 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o CAMPIONATO GALEGO DE GRUPOS SHOW DE PATINAXE ARTÍSTICA. O concelleiro estará acompañado por Mariano Val, presidente do Club Deportivo Fontiñas; Marcelino Tojeiro, tesoureiro do Club Deportivo Fontiñas; Celia Tojo, delegada da Sección de Patinaxe do Club Deportivo Fontiñas.

13.00 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARALELAS Á COPA DE ESPAÑA DE FÚTBOL SALA. O concelleiro estará acompañado por Javier Lozano, presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala; e José Antonio Lobelle, presidente do Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago.

19.00 h
Na Praza de Cervantes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do Centro Social de Caixanova.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Orquesta Sinfónica de Castilla y León dirixida por Alejandro Posada coa soprano María José Moreno.
21.00 h
Teatro+Danza en Xira
No Teatro Principal, Amortal de Ana Martín Puigpelat dirixida por Salva Bolta dentro do programa Teatro+Danza en Xira. Con Francisco Olmo, Mercedes Castro e Nacho Medina.

Compartir: