Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 25 de febreiro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o proxecto de reurbanización dos entornos urbanos de acceso á cidade: Rosalía de Castro, desde Romero Donallo- Santa Marta-Choupana-Volta do Castro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos para presentar o novo espazo na rede www.compostelaviva.org. Na presentación participará tamén María Fernández, de Dimensiona, empresa que realizou o desenvolvemento da web.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Proposta da Alcaldía ao Pleno da Corporación para nomeamento de rúas da cidade.
3. Proposta de concelleira delegada de seguridade cidadá de concesión de medallas previstas no Regulamento do Corpo da Policía Local.
4. Proposta da concelleira delegada de Persoal sobre prestación de asistencia sanitaria a funcionarios.
5. Aprobación proxecto expediente de suplemento de crédito exercicio 2010.
6. Solicitude do grupo municipal do Partido Popular de comparecencia do concelleiro Don Carlos Nieves Vicente.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para expresar ao goberno de España o malestar por non engadir a Santiago de Compostela na axenda de cumios de xefes de estado e reunións de ministros da Unión Europea no primeiro semestre do ano 2010.
8. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa a posta en marcha de medidas encamiñadas ao impulso do deporte base.
9. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre transporte comarcal e nova liña de bus ao aeroporto.
10. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre acordo para retomar a asunción do Parque Comarcal de Bombeiros.
11. Proposición do grupo municipal do BNG para instar á adhesión do Concello de Santiago de Compostela ao manifesto "Galiza ten dereito".
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. Anca Smeu, violín; Bárbara Switalska, violoncello; Jorge Osorio, piano.
Ciclo de Cinema Grupo Cidades patrimonio da Humanidade
Teatro principal
20.00h. Fabian Road de Jaime de Armiñán 22.00h. La ciudad interior de José María Vilageliu

Compartir: