Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de febreiro

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.15 h
Na sede da Fundación Compostela Deporte (Estadio de San Lázaro, porta 16), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a reunión do Padroado da Fundación Compostela Deporte.

20.30 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do Día Mundial da Paz, organizado polo Club Rotary International.

Ciclo de Cinema Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade
Teatro Principal
20.00h. Carmen de Vicente Aranda (Córdoba)
22.00h. Los señores del acero de Paul Verhoeven (Cáceres)

Compartir: