Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de febreiro

10.00 h
No edificio Emprendia da USC, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de constitución da agrupación estratéxica de Campus Vida.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Angel Espadas, para presentar unha iniciativa.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a "Gala da diversidade" que organiza a Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia, ABAGAL, e que se celebrará o domingo día 21 no Teatro Principal. Na rolda tamén estará a presidenta da asociación, María Flora Cajide.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os gañadores do concurso de escaparatismo "Fórum Gastronómico".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz do grupo municipal do BNG, Socorro García Conde, para presentar unha proposición que o seu grupo levará ao próximo Pleno Municipal.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, Conferencia sobre Transtornos do sono impartida por Raimundo Mateos Álvarez e organizada pola Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría dentro do programa do Club dos Maiores.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Pablo González e acompañada da soprano Ana Ibarra.

Previsións informativas para o venres 18 de febreiro

11.00 h
No Recinto Feiral de Amio, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o codirector do Fórum Gastronómico, Pep Palau, visitan a montaxe do Fórum Gastronómico.

11.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a apertura do VIII Congreso de Unións Agrarias.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Tai Chi: a esencia da harmonía en movemento dentro do programa Club dos Maiores
19.30 h
No Auditorio de Galicia, presentación da miniserie de TV Mar Libre, de Daniel de la Torre
20.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, inaugura as obras de reurbanización das rúas Gómez Ulla, Pérez Constanti, Neira de Mosquera, Santiago de Guayaquil, Laverde Ruíz e Curros Enríquez.
Nota: farase unha visita ás rúas saíndo desde o cruce de Gómez Ulla con Curros Enríquez, para finalizar en Pérez Constanti, nº 4 – Centro de Formación Ocupacional do Concello.

20.00 h
Na Sede da UMAD, a tenenta de alcalde, Socorro García Conde, e a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, preséntanlle aos veciños o anteproxecto para a Reforma da Explanada de Salgueiriños.

Compartir: