Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 12 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a reunión do Padroado da Fundación Refuxio de Animais.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar a campaña "Namórate da lingua".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa nova consulesa de Uruguay en Galicia, Marta Echarte Paraibaz.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa consulesa de Venezuela en Galicia, Mónica Chacín Fuenmayor; co director e co presidente da Orquesta Sinfónica de Venezuela, Angelo Pagliuca e Alejandro Ramírez, con motivo do concerto que dará a devandita orquestra polo seu 80 anivesario no Auditorio de Galicia.

13.30 h
O concelleiro de Mercados, Andrés Fariña, asiste ao Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre, Vía La Cierva s/n).

21.00 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presentan Shakespeare para ignorantes, de Shakespeare e outros. Dirección: Quico Cadaval. Con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Quico Cadaval.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Alasdair Neale. Con Dezsö Ranki ao piano.

Compartir: