Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de febreiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas e Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o III Certame MúsicaXove 2010.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, de Quico Cadaval e de Víctor Mosqueira para presentar o último espectáculo de Mofa e Befa, Shakespeare para ignorantes, que se representa no Teatro Principal venres e sábado.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música dirixida por X. Carlos Seráns.

12.00 h
No Salón nobre, recepción aos directivos e participantes na XII Copa de España de Fútbol Sala.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a nova xunta directiva de Acotés.

12.35 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para presentar dous novos estudos que se realizarán relacionados co sector comercial: un de hábitos de consumo e un censo de estabelecementos comerciais de Santiago.

20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Iacobus Gallecia, Arte Contemporánea Galega nos Camiños de Santiago", que ofrece ao público parte da colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu en torno á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio.

20.00 h
Na Zona "C", a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, inaugura a exposición de Antía Moure, Grandes Batallas. Ademais da concelleira e da artista, participa tamén na inauguración o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.

21.00 h
SCQ Danza
No Teatro Principal, DLoira presenta Macho dentro do ciclo SCQ Danza e enmarcado na Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Compartir: