Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de decembro

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Aprobación inicial expediente número 18 para a dotación dun crédito extraordinario.

11.00 h
Na Presidencia da Xunta no Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de sinatura do convenio marco para o novo Plan de Transporte Metropolitano da área de Santiago de Compostela. (Acto de sinatura: só gráficos. A continuación, 11.10 h, acto público de presentación).

11.00 h
No Centro de Formación e Cultura de Hostelería Compostela (rúa Salvadas 29-31), a concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, participa no acto de presentación da campaña de promoción do galego na Hostelería "Xantar Compostela", xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; e o director de Comunicación de Hostelería Compostela, Aser Álvarez.

12.00 h
No Paraninfo da USC, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do Foro Mundial de Educación 2010.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural dos meses de decembro e xaneiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente do Grupo Agbar, Ángel Simón Grimaldos.

18.00 h
Na Delegación do Goberno en Galicia (A Coruña) o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto institucional de conmemoración do 32º Aniversario da Constitución Española.

20.00 h
Na Zona "C" de Bonaval, o director-xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez, asiste á inauguración da exposición Poesía Suspensa de Luciano Rodríguez e Emilio Liñares.

Apalpando as Ilusións
18.00h. No LSC de Marrozos, actuación de Monicreques Lume Babaluva.
18.00h. No CSC de Vite, Concurso Postais de Nadal con agasallos do Apalpador.
18.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro Postais de Nadal.
18.00h. No LSC de Figueiras, Obradoiro Decoramos o centro.
18.00h. No LSC de Busto, Obradoiro Decora o Local.
18.30h. No LSC da Rocha, contacontos Soledad Felloza.
18.30h. No CSC das Fontiñas, Obradoiro Decoro o meu centro. Vidreiras no Nadal.
19.00h. No LSC Cardenal Quiroga, Contacontos coa Ciclobiblioteca Anxo Moure.
19.00h. No LSC de Laraño, Obradoiro de agasallos do Apalpador
19.30h. No LSC da Gracia, Obradoiro Decoración de Nadal.

Compartir: