Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de decembro

10.00 h
Na Sala de Xuntas do Arcebispado de Santiago (praza da Inmaculada, 1), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza do Padroado da Fundación Asilo de San Castor e Santa Adelaida.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No CSC das Fontiñas, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, visitan a exposición itinerante Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!, iniciativa coa que se conmemora o 125 aniversario da morte de Rosalía de Castro. A mostra estará aberta ao público dende mañá ata o domingo 2 de xaneiro.

12.00 h
En Salgueiriños, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, visita as obras de Recuperación da zona verde na contorna do Río Corgo.
ATENCIÓN: haberá un vehículo a disposicións dos xornalistas que sairá da Praza do Obradoiro ás 11.45 h.

12.00 h
Na sede da Fundación Granell (Pazo de Bendaña) o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Padroado da devandita entidade.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa Corais Nadal 2010.

13.00 h
Na sede da Fundación Cidade da Cultura (San Roque, 2), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión do Padroado da devandita entidade.

14.00 h
Na Casa do Concello, recepción de Nadal aos traballadores municipais.

19.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura Nadalxogo 2010.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Nadal da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. María Espada, soprano; Marina Pardo, contralto; Agustín Prunell-Friend, tenor; José Antonio López, barítono; e o Orfeón Pamplonés.
21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Nadal da Banda Municipal de Música baixo o título Solistas da Municipal. Dirixida por Xosé Carlos Seráns.

Apalpando as Ilusións
17:30 h_LSC DA ROCHA_Obradoiro para nenos/-as_CONTOS DE NADAL
17:30 h_CSC VITE_Obradoiro_AGASALLOS DE NADAL
18:00 h_CSC O ENSANCHE_Obradoiro_DECORANDO O CENTRO
18:00 h_CSC O ENSANCHE_Títeres_HISTORIAS DO APALPADOR_TÍTERES CACHIRULO
18:00 h_CSC A TRISCA_Obradoiro_AGASALLOS
18:00 h_LSC LAVACOLLA_Obradoiro_AGASALLOS DO APALPADOR
23 decembro_18:00 h_LSC DE LARAÑO_Obradoiro_PANXOLIÑAS CON RITMO MODERNO
18:00 h_LSC DE VIDÁN_Contacontos_CELSO SANMARTIN
18:00 h_ LSC DE VIDÁN_Obradoiro para adultos_BUSCAMOS RECETAS NA REDE_ COMPRAS DE NADAL POR INTERNET_FELICITAMOS O NADAL POLA REDE (aula de informática)
18:30 h_LSC DE VILLESTRO_Obradoiro_AGASALLOS DE NADAL
19:00 h_CSC DE CONXO_Obradoiro_ AGASALLOS DO APALPADOR
19:00 h_CSC VITE_Monicreques_LUME_BABALUVA
19:30 h_CSC DE CONXO_Monográficos_FELICITACIÓNS DE NADAL E CHAMADAS POR INTERNET
19:30 h_A GRACIA_Maxia_ACTUACIÓN MAXIA_MAGO ROMARIS
20:00 h_CSC DAS FONTIÑAS_Música_CANTIGAS NO NADAL_ UXIA E SERGIO TANNUS
20:00 h_CSC O CASTIÑEIRIÑO_ Concerto Nadal_CAMPO DE ESTRELAS

Compartir: