Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na sede da FEGAMP, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva da devandita entidade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio da Campaña de promoción e defensa do pequeno comercio de Santiago "Pequenos detalles que fan grande o pequeno comercio".

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.30 h
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre, Vía La Cierva s/n).

17.00 h
No CSC Ensanche, Semana Fantástica do Ensanche. Haberá un posto de comercio e a presentación de 'Carapuchiña Vermella, como empezou todo', unha curtametraxe realizada polos membros da Escola de Cidadanía.

18.00 h
No LSC de Figueiras, Contos con Marisa Irimia. O programa 'Santiago Encantado' presenta nesta ocasión á narradora Marisa Irimia, que contará aos nenos e nenas os contos 'Xil Moniz' e 'O bico da sapa'.

20.30 h
No CSC Conxo, Curtas da Lusofonía, dentro do programa de +Curtocircuito, pase de curtas que teñen como lingua o portugués ou o galego.

21.00 h
No Teatro Principal, 'Drammatico', de Paso de Valverde. Festival Agustín Magán de Teatro Afeccionado.

Compartir: