Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 27 de outubro

9.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a sesión ordinaria do pleno da Mancomunidade da Comarca de Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; o coordinador xeral da visita do Papa a Santiago, monseñor Salvador Domato; e o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, participan na reunión de coordinación operativa en materia de seguridade con motivo da visita do Papa Benedicto XVI a Santiago de Compostela. Á reunión están convocados outros representantes da Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Arcebispado de Santiago e mandos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na Comunidade Autónoma, entre otros.
11.30 h. GRÁFICOS. Ao remate da reunión habrá declaracións aos medios ás 12.45 horas.

17.00 h
Na sala de conferencias do Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval), a concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, participa na presentación do libro de mandas testamentarias "O galego, agora e sempre", organizado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración co Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela. Despois da presentación do libro haberá un acto de ofrenda dun ramo de flores no Panteón de Galegos Ilustres.

19.30 h
No CSCX do Ensanche Club de lectura. Virginia Wolf

20.30 h
No CSC do Castiñeiriño +Curtocircuito: Cine Europeo. Short matters 2

Compartir: