Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 10 de xaneiro

12.00 h
No Teatro Principal, Concerto en Familia da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns, cun programa de bandas sonoras en directo coa proxección das películas.

20.30 h
No Teatro Principal, Gala Implícate, organizada por Implicadas/os no Desenvolvemento. Con Carmen Rey e banda, Susana Seivane, Narf, Pisando Ovos, Antón Reixa, Ana Romaní, María Xosé Queizán, Lino Braxe, Cándido Pazó e Patricia de Lorenzo. Presentada por Yolanda Castaño e Luis Tosar.

Compartir: