Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de setembro

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o ministro de Estado de Agricultura do goberno da India, K.V. Thomas.

17.00 h
Organizada dentro da XXIV Semana Cultural do CSC de Conxo, Visita ao Museo Ferrocarrilero e ao Museo do Ferrocarril de Vilagarcía como conmemoración da Inauguración da liña de ferrocarril Cornes-Carril o 15 de setembro de 1873.

18.30 h
No CSC das Fontiñas Cataxogos: Aprende a xogar connosco aos xogos de mesa, dentro da Aula de Xogo.

Compartir: