Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 9 de maio

11.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 h
Na Praza Roxa, MostraNatura do Ensanche, actividade organizada por Santiago Centro, Asproga, a Sociedade Compostelá de Ornitoloxía e a Asociación Galega do Canario de Canto e na que colabora a Concellería de Mercados.

11.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
PUNTO ÚNICO: designación de representantes das mesas por mor das vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo.

12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos Populares organizados polo CSC do Ensanche.

21.00 h
No Teatro Principal, Concerto de presentación do quinteto de metais Omega Brass Ensemble
21.00 h
No CSC da Trisca, concerto de Verdegaio dentro do III Ciclo Revelando Voces.

Compartir: