Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de maio

11.00 h.
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o XIII Concurso de Fotografía Deportiva.

11.15 h
Na zona dos aparcadoiros do Estadio de San Lázaro, o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, preside o acto de inauguración e posta en marcha da III Xira Galega Kárting na que estarán presentes tamén os patrocinadores desta actividade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira; e da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, para presentar a programación de A Revolta das Letras.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Xogos de sempre: pés quedos dentro do programa Aula de Xogo.

20.15 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme filme Invasion of the body snatchers (A invasión dos ultracorpos – dobrada), de Philip Kaufman. Presentada por Moncho Lemos, xornalista cinematográfico da TVG e Radio Galega. Una vez rematada a proxección farase un debate. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellería de Xuventude.

22.30 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme The incredible shrinking man (O incrible home minguante- V.O.S), de Jack Arnold. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellería de Xuventude.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Frans Brüggen. Con Sybilla Rubens, soprano; Jordi Domènech, alto; Marcel Beekman, tenor; e André Morsch, barítono. Bach, Mendelssohn]

Compartir: