Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de maio

Viaxe dos membros da Mancomunidade de Santiago a Arxentina e Uruguay
10.30 h
En Montevideo (Uruguay), o alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Hogar Español. A continuación, manterá un encontro cos medios de comunicación.
16.00 h
O alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a Casa de Galicia.
17.15 h
O alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Padroado da Cultura Galega. A continuación, participa no programa de radio "Sempre en Galicia".
18.30 h
O alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Centro Galego de Montevideo.
19.00 h
No Centro Galego de Montevideo, o alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos santiagueses residentes en Uruguay. .

-----------------------
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar os Bancos de Tempo.

11.30 e 13.00 h
Maio das letras 2009
No IES Rosalía de Castro, "Ramón Piñeiro na voz da xente", xincana literaria e espectáculo contacontos para alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de secundaria. Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística.

18.30 h
IX Campaña Municipal de Animación á Lectura
Na Galería Sargadelos, dentro da IX Campaña Municipal de Animación á Lectura: "Lendo máis… Cerca", sesión especial para educadores baixo o título "biblioteca escolar: un espazo con adxectivo" co obxectivo de dotar de información sobre proxectos de animación á lectura na escola aos colectivos específicos que traballan con nenos e nenas. Ponente: Juana Vázquez Silva.

19.30 h
Maio das letras 2009
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a concelleira Mercedes Rosón presenta a charla que ofrecerá Pilar Freitas, autora do libro A represión lingüística en Galiza, e inaugura a exposición "Crónicas da represión lingüística en Galicia", que permanecerá na fundación todo o mes de maio. Actividade organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística.

20.15 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme The incredible shrinking man (O incrible home minguante – dobrada), de Jack Arnold. Presentada por Moncho Lemos, xornalista cinematográfico da TVG e Radio Galega. Una vez rematada a proxección farase un debate. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellería de Xuventude.

20.30 h
No Salón de Actos da Escola Municipal de Música, concerto a cargo do dúo de piano e violoncello formado por Alfonso Alegre e Sergio Gómez no que interpretarán obras de Bach, Brahms, Shostakovich e Beethoven.

22.30 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme The legend of hell house(A lenda da casa do inferno - V.O.S), de John Hough. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellería de Xuventude.

Compartir: