Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 4 de maio

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar "Maio das Letras 2009".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a programación cultural do mes de maio.

20.15 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme The Legend of Hell House (A lenda da casa do inferno - dobrada), de John Hough. Presentada por Moncho Lemos, xornalista cinematográfico da TVG e Radio Galega. Una vez rematada a proxección farase un debate. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellería de Xuventude.

22.30 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme The Last Man on Earth (O último home sobre a terra - V.O.S), de Sidney Salkow e Ubaldo Ragona. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellería de Xuventude.

Compartir: