Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 29 de maio

10.00 h
Visita institucional do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao Concello de Santiago.
Programa:
• Chegada do presidente da Xunta á praza do Obradoiro, onde é recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
• Acceso ao interior e saúdo aos membros da Corporación Municipal no Salón Nobre.
(Despois do saúdo farase unha foto de familia para os GRÁFICOS interesados)
• O presidente e o alcalde, acompañados polo delegado territorial da Xunta na Coruña e polos portavoces municipais acceden ao salón de comisións para manter unha reunión de traballo. Rematada a reunión, o presidente e o alcalde acceden á Alcaldía para unha reunión privada.
• Sobre as 11.15 h, sinatura no libro de Honra (SÓ GRÁFICOS) e a continuación, encontro cos medios de comunicación.

12.30 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, visita o barrio da Almáciga. Punto de encontro: rúa Touro, nº28.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Campionado de xogos de sempre...!no parque!. "Pés quedos e outros xogos do exterior"

21.00 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta Dame veleno, escrita e dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda.

Compartir: