Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 27 de maio

10.00 h
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa no maratón de lectura dedicado a Edgar Allan Poe.

11.30 h
Na rúa Fernando III O Santo (24, baixo), os concelleiros de Cultura, Socorro García Conde, e de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, visitan o estudo de rodaxe de Artefactor Producciones, onde se poderá ver o proceso de filmación da película "O Apóstolo", primeira que se fai no estado seguindo a técnica da stop-motion. Na visita tamén estarán os actores Carlos Blanco e Xosé Manuel Olveira "Pico".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal popular Javier Sánchez -Agustino e Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA do presidente do Consorcio e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar da convocatoria do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana na súa terceira edición, creado e organizado polo Consorcio de Santiago coa colaboración da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) do Ministerio de Asuntos Exteriores e a Dirección Xeral de Relacións Externas e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o proxecto de reurbanización da rúa de Londres.

12.00 h
No CSC das Fontiñas, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presenta o fallo do premio de Corresponsabilidade.

12.25 h
No IES Eduardo Pondal, festa final do programa De Bo Rollo, organizado pola UMAD, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade.

19.30 h
No salón de actos da Real Academia Galega de Belas Artes (A Coruña), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Sesión Pública Extraordinaria por mor da entrega da "Medalla de Honra" da devandita academai ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni
Ros-Marbá con Cho-Liang Lin ao violín.

Compartir: