Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 2 de maio

16.00 h
Na Colexiata de Sar, o concelleiro de Sanidade e Consumo, Xosé Baqueiro, reúnese cos membros da Asociación polos Dereitos dos Animais Abandonados (ADANA) que promoveu o "Proxecto Camiño 2009", unha peregrinación de case 1.200 quilómetros, que comezou en Estepona o pasado 15 de marzo. Os membros da asociación, acompañados polos cans cos que fixeron o camiño, serán recibidos polo concelleiro Xosé Baqueiro, responsable do Refuxio de Animais, que lles fará entrega de diplomas acreditativos.

Compartir: