Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de maio

10.00 h e 12.45 h
Maio das letras 2009
A linguaxe do cómic. Charla-obradoiro do debuxante Fran Bueno para alumnado de secundaria nos centros de ensino. Ás 10.00 no Colexio Nosa Señora dos Remedios e ás 12.45 no IES Pontepedriña. Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a Guía das entidades adheridas ao Sistema Integral de Calidade Turística en Destino.

Compartir: