Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo17 de maio

12.00 h
Festa das letras. Maio das letras 2009
No parque de Bonaval, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de celebración do Día das Letras Galegas, no que haberá actuacións musicais abertas, reparto de libros e lectura de textos. Colaboran os colexios La Salle e Apóstolo Santiago. Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística.
Tamén actuará a Banda Municipal de Música co seguinte programa:
Siete Rosas -------------------Pasodobre ------------------ A. del Río
Celtia ---------- Sinfonía gallega -------------- E. G. Arroitajauregui
I.- Coruña
II.- Orense
III.- Pontevedra
Follas Novas -------------- Rapsodia gallega ---------------- L. Braxe
Ponteareas ----------------- Pasodobre -------------------- R. Soutullo

18.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido de baloncesto que enfrontará ás seleccións femininas de baloncesto de España e Cuba.

Compartir: