Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 16 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar a declaración institucional do Concello con motivo do Día das Letras Galegas.

12.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, o concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, asiste ao acto de homenaxe "150 aniversario de Alfredo Brañas".

12.00 h
Na Galería Sargadelos, presentación do libro – disco "Tic – Tac" de Pablo Díaz, acto que pon fin á IX Campaña Municipal de Animación á Lectura "Lendo máis… Cerca" organizada polo Departamento de Educación e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos. A entrada é libre e de balde.

13.30 h
En Conxo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o polígono 1 do SUP-2 de Cornes e o polígono 2 do SUP-3 de Pontepedriña, co que se integrará na trama urbana da cidade a obra do cuarto xiro de Cornes.

19.30 h
No Centro Sociocultural de Vite, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á actuación da coral "José Saramago".

Revolta das Letras
Conspiración de Poetas
12:00 h
Na Praza de Galiza (en Zara), conspiración de poetas na que participará a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, acompañando aos poetas Antón Lopo e Oriana Méndez
12:30 h no estanque dos patos da Alameda Ana Romaní, Claudio Pato e Pili Beiro
13:00 h no Froiz da Praza do Toural Daniel Salgado e Estevo Creus
13:30 h na Praza de Cervantes Xiana Árias e O Leo

Liberación de libros
12.30 h
No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, LIBERACIÓN DE LIBROS e instalación da primeira ZONA DE LIBERACIÓN OFICIAL de Santiago. Na mesma participarán o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde e outros membros da corporación.
17.30 h
Na Praza da Quintana, LIBERACIÓN DE LIBROS SALVAXE na que participará a concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.
21.30 h
No Parque de Bonaval, LIBERACIÓN DE LIBROS SALVAXE na que participará a concelleira de do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos.

Turismo mental por Santiago de Compostela.
20.00 h
No Parque da Alameda (ao pé da estatua de Rosalia), TURISMO MENTAL POR SANTIAGO DE COMPOSTELA, no que participará a concelleira de Cultura, Socorro García Conde. Visita guiada polos ecos e a cidade, unha cata sonora, un labirinto cheo de indicios elocuentes e discretas revelacións, como as que conducen a resolver un crime. Guiados por Quico Cadaval o paseo irá do xardín de estatuas da Ferradura ata a necrópole de San Domingos de Bonaval. Nesta conxura participarán outros fenómenos dos ecos, dos ocos, das voces e dos acentos: Monicreques de Kukas, músicos, Paulina Ceremuzynska, Paco Macías, Lois Rodríguez, Charo Barba, Víctor Ferreira, Antón Dobao, Margarita Ledo.

16.00 a 21.00 h
Arte na rúa. Antón Caamaño e Edita Rodríguez nunha acción-intervención na praza do Toural.
Osiris, Talos e Meös, grafiteiros de Santiago, traballarán ao longo da tarde no paseo da Alameda.

16.30 a 21.00 h
Na Quintana, diversas actividades para todos os públicos.
Caixa de mistos. Caravana na que os máis cativos poderán ver curtas de animación en galego.
Cadáver exquisito. Set de gravación audiovisual coa escritora Chus. Ao final da xornada verase a cadea completa na propia Quintana.
Maratón fotográfico. Que imaxes che fan reflexionar sobre o uso do galego en Compostela? Poderás descargar, imprimir e expor as túas fotos na Quintana. Premio seguro.

22.30 a 23.45 h
Curtocircuito na Praza de Abastos.
Proxección de curtametraxes galegas
Don señor e o home do soño. Juan Ignacio Abia Carrera
Bata por fóra (Muller por dentro). Claudia Brenlla López
1977. Peque Varela
Cores. Jairo Iglesias
O pintor de ceos. Jorge Morais
Auga. Xosé Antón Perozo Porteiro "Ozo"

Compartir: