Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Cesc Gelabert, codirector, coreógrafo e bailarín da compañía Gelabert Azzopardi, para presentar o espectáculo Sense Fi / Conquassabit, que poderemos ver este sábado no Auditorio de Galicia dentro do programa Teatro e Danza en Xira.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os representantes dos sindicatos dan a coñecer o acordo regulador e convenio colectivo do persoal ao servizo do Concello de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, recepción ás seleccións de España e Cuba de Baloncesto Feminino que se enfrontarán o domingo ás 18.00 horas no Multiúsos Fontes do Sar.

18.00 h
No parque da Constitución (Trasparlamento), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas e Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o campionato Compostela Skate’09. Na rolda tamén estarán Alberto Muíño e Marcos Cardero, membros do colectivo Cultura Urbana. Haberá actuacións de skates, breakers, graffiteiros e Dj.

Compartir: