Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 7 de abril

11.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presenta o Plan de Formación do Concello de Santiago 2009.

12.00 h.
Na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a "Box Vox", unha iniciativa do Parlamento Europeo, onde os cidadáns poderán informarse sobre as eleccións europeas. Tamén asistirá o director da Oficina do Parlamento Europeo en España, Ignacio Samper.

12.00 h.
Na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, e do presidente dos Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, para presentar a III Carreira Solidaria Polígono do Tambre, que este ano ten o obxectivo de recadar axudas para a Cociña Económica.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Asociación Compostelá de Autotaxi, Jesús Pena Duarte.

20.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á asociación de veciños Doctor Maceira de Conxo.

22.30 h.
En San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao primeiro concerto do IV Festival de Músicas Contemplativas, a cargo da agrupación A Venexiana e o coro I Cantori Gregoriani.

Compartir: