Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de abril

Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico
9.30 h
No Concello de Poitiers (Francia), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co alcalde da cidade de Poitiers, Alain Claeys, inaugura o Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico e recibe aos asistentes. A continuación, preside a sesión ordinaria do Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico.
11.15 h
No Concello de Poitiers (Francia), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola eurodeputada e tenenta de alcalde de Poitiers, Bernadette Vergnaud, para dar conta dos asuntos tratados no Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico.

21.00 h
No Teatro Principal, Concerto de Rafael Tena.

Compartir: