Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de abril

10.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico con Laura Alonso, soprano; Raquel Rivera, violín; e Mª Luz Rivera, piano.
11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración coa Cociña Económica.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, para presentar unha proposición.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar ROCK NA ASCENSIÓN, que terá lugar no Multiusos Fontes do Sar os días 22 e 23 de maio.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

18.00 h
Na Escola Infantil Municipal de Fontiñas, sesión para as familias: animar a ler na casa, dentro da IX Campaña Municipal de Animación á Lectura "Lendo máis…Cerca".

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a nova directiva da asociación de veciños "Sarela" de San Lourenzo.

Previsións informativas para o mércores 28 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a constitución da Comisión Informativa de Comunicación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico con Laura Alonso, soprano; Raquel Rivera, violín; e Mª Luz Rivera, piano.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, e do vicerreitor de Economía, Financiamento e Infraestruturas da USC, Miguel A. Vázquez Taín, sobre a reforma do Campus Universitario.

12.00 h
No departamento de Deportes do Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o XI TROFEO CIDADE DE SANTIAGO de ciclismo, actividade organizada polo Club Ciclista Compostelano e que se desenvolverá o vindeiro venres 1 de maio. Na rolda tamén estará o presidente da entidade organizadora, Nemesio López Díaz.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a presidenta do Colexio de Educadoras e Educadoras Sociais de Galicia (CEESG), María José Fernández Barreiro.

18.00 h
Na Concellería de Servizos Sociais (rúa Galeras, 46), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coas ONG que representan a colectivos con dificultades de inserción laboral e que traballan na zona norte da cidade para informalos do proxecto do Urbana Santiago Norte.

20.00 h
Na Zona "C" de Bonaval, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición Dinero da artista Montse Rego, quen tamén estará na inauguración. Ademáis, Teófila Noemí Ruíz presenta a performance Menos que cero. Un binomio fantástico: o diñeiro e os poetas.

21.00 h
No Teatro Principal, Redrum Teatro presenta A Pensión de Álex Sampayo, Víctor Sierra e María S. Ferreiro. Con Sara Rosa Álvarez, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa. Dirixida por Álex Sampayo.

Compartir: