Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de abril

12.00 h
Na Galería Sargadelos, actividade CONTOS CON MÚSICA, dentro da IX Campaña Municipal de Animación á Lectura "Lendo máis…Cerca". Aberta a todo o público.

18.00 h
No CSC de Conxo, actuación da contacontos Soledad Felloza dentro do programa Letras Vivas Animación.

21.00 h
No CSCX do Ensanche, concerto de Lobalú, dentro do Ciclo Revelando Voces.

COMPOSTELA MÁXICA
Gala Internacional
20.30h. No Auditorio de Galicia, Gala Internacional de Compostela Máxica presentada por Luis de Matos coa actuación dos Magos Roxanne, Mike Caveney, Junge Junge, Román García, Tina Lenert e Mark Kalin & Jinger.

SEMANA SOCIAL E CULTURAL DO ENSANCHE. No CSCX do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14/16)
9.00h. Comezo do Xogo Comunitario: Protagonistas
12.00 a 13.15h. Xogos populares na Praza Roxa.
21.00h. Concerto de Lobalú (jazz) dentro do ciclo revelando Voces.

Compartir: