Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 24 de abril

10.00 h
No Consello da Cultura Galega, a concelleira accidental de Educación, Mercedes Rosón, asiste á III Reunión do Comité Organizador do Foro 2010.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal popular Paula Prado e Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira.

12.15 h
No Centro Social e Cultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16), a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asiste ao coloquio posterior á proxección do filme O pesadelo de Darwin. Esta proxección faise dentro do programa Medio Ambiente imaxinado e no marco da celebración da Semana Social e Cultural do Ensanche.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h.
No CSC do Castiñeiriño, conferencia de Emilio Lois Blanco: A recuperación da requinta da Ulla.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asiste á Gala Internacional de Compostela Máxica.

COMPOSTELA MÁXICA
11.00h. No Colexio Público de Educación Especial da Barcia, actuación dos Magos Cayetano Lledó e Mark Mitton.
11.30h. No Hospital Clínico, actuación dos Magos Norberto e Kayto.
12.30h. No Colexio de Xordos, actuación dos magos Cali e Myster Yurgen.
Gala Internacional
20.30h. No Auditorio de Galicia, Gala Internacional de Compostela Máxica presentada por Luis de Matos coa actuación dos Magos Roxanne, Mike Caveney, Junge Junge, Román García, Tina Lenert e Mark Kalin & Jinger.

SEMANA SOCIAL E CULTURAL DO ENSANCHE. No CSCX do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14/16)
9.00h. Comezo do Xogo Comunitario: Protagonistas

Compartir: