Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 2 de abril

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, para presentar a Feira de Artesanía de Compostela.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para dar a coñecer o fallo do xurado da II edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Na rolda tamén estará o xerente de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e de Xesús Ron, do Grupo Chévere, para presentar o Obradoiro do Espectador que se celebrará de abril a xuño nos CSC da cidade e na Sala Nasa.

18.00 h.
No Concello de Poitiers (Francia), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de apertura do Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico.

19.00 h.
No Centro Sociocultural da Trisca, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presenta o libro de Receitas de Cociña Tradicional Galega para pacientes con diabete, de Teresa Lord. No acto tamén estará a autora e presidenta da Asociación Compostelá de Diabéticos.

20.00 h.
No CSC do Ensanche, proxección das curtametraxes O desexo, Mamasunción, Tornabón e Lentura dentro do programa Cinemas Dixitais.

21.00 h.
No Teatro Principal, Lagarta, Lagarta presenta Aeroplanos de Carlos Gorostiza dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Con Ernesto Chao e X.M. Olveira e dirixida por Rosa Álvarez.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e con Andrei Gavrilov ao piano.

Compartir: