Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 18 de abril

11.00 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de toma de posesión do presidente da Xunta.

18.00 h
XXX Aniversario das Corporacións Democráticas
Na antiga estación de tren de Cornes (Conxo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participará na Xornada de Portas Abertas da Casa das Asociacións. Ás 19.00 h presidirá o acto de inauguración oficial.

21.00 h
Teatro e Danza en Xira
No Teatro Principal, Animalario e o Centro Dramático Nacional presentan Urtain de Juan Cavestany. .

21.00 h
Revelando Voces
No CSC do Castiñeiriño, concerto de Sacha na Horta dentro do ciclo Revelando Voces.

Compartir: