Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 1 de abril

11.30 h.
Na Casa do Concello, sinatura do Pacto Local polo Emprego. Asínao o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, con representantes da Xunta de Galicia, UXT, CCOO, Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Asociación de Empresarios de Hostalería.

12.00 h.
Na Fundación Compostela Deporte, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a Volta Ciclista da Ascensión. Na rolda tamén estará o alcalde de Oroso, Manuel Mirás; o presidente do Club Ciclista Compostelano, Nemesio López; o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada; e o director técnico da proba, Guillermo Fernández.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, para presentar o proxecto de reurbanización da Rúa do Olvido e entorno.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural do mes de abril.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar o libro de Receitas de Cociña Tradicional Galega para pacientes con diabete, de Teresa Lord. Na rolda tamén estará a autora e presidenta da Asociación Compostela de Diabéticos; e Montse Goma, en representación de Roche Diagnostics.

20.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños As Marías.

21.00 h.
No Teatro Principal, Lagarta, Lagarta presenta Aeroplanos de Carlos Gorostiza dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Con Ernesto Chao e X.M. Olveira e dirixida por Rosa Álvarez.

Compartir: