Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de marzo

10.00 h.
Na Sala de Xuntas do Arcebispado de Santiago (praza da Inmaculada, 1), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza do Padroado da Fundación "Asilo de San Castor e Santa Adelaida".

10.00 h.
No CSC e Xuvenil do Ensanche, Obradoiro de Achegamento á danza Giseliña, dentro do programa de accións formativas do Centro Coreográfico Galego.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, xunto coa directora do Centro Coreográfico Galego, Natalia Balseiro, para presentar Giseliña, a última creación do CCG que se representará no Auditorio de Galicia o vindeiro martes. Ademáis, tamén haberá obradoiros de formación, que xa se están celebrando, e un concerto didáctico o mércores arredor desta peza.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

CICLO DE CINEMA GALEGO no Teatro Principal
20.15h. Liste, pronunciado Lister, dirixido por Margarita Ledo.
22.15h. A producción recente, coa proxección das seguintes curtametraxes: Economía de mercado de Juan de Oliveira; Esta noite, velada de Antón Caeiro Rodríguez; Caracolas, de Miguel Caruncho; e Alternativa Cero de Pachi Baranda Valeiras.

Compartir: