Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 6 de marzo

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
No estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a campaña INformación e Deporte, consistente na realización de tres accións formativas a desenvolver entre os meses de marzo e maio. Na rolda tamén estará o presidente do Colexio Oficial de Licenciados de Educación Física e Ciencias da Actividade Física e o Deporte de Galicia, Vicente Gambau i Pinasa.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar o Ciclo de Cinema Galego que se celebra no Teatro Principal do 9 ao 13 deste mes.

14.00 h.
No Hotel Bahía de Vigo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do Premio 10 de Marzo a Luís Pasín, organizado por CC.OO e a Fundación 10 de Marzo.

18.30 h.
No CSC da Trisca, Proxección de Yurialov, O prezo da dote, O aldrón de bonecas, Os dous lados da valla, A meiga chuchona, O muíño abandoado e O fío máis grande do mundo dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

18.30 h.
No CSC da Rocha, Charla-obradoiro afectivo-sexual para mulleres, Quérome, dentro do programa de Charlas en colaboración co centro Quérote.

19.00 h.
No CSC das Fontiñas, Obradoiro de achegamento á danza Giseliña, dentro do programa de accións formativas do Centro Coreográfico Galego.
20.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, a ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Elena Espinosa, e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presiden o Acto de Homenaxe a 8 Mulleres que abren Camiños, con motivo da celebración, o 8 de marzo, do Día Internacional da Muller.

21.00 h.
No Teatro Principal, Os Monicreques de Kukas representan 7 contos capitais, de Marcelino de Santiago.

Compartir: