Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de marzo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar os actos que se celebrarán con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo).

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a programación da Concellaría de Cultura para o mes de marzo.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación de dous espectáculos de monicreques que se celebrarán no Teatro Principal esta semana a cargo da compañía Monicreques de Kukas, con motivo do seu 30 aniversario.

17.30 h.
No CSC José Saramago de Vite, Obradoiro de Achegamento á danza Giseliña, do Centro Coreográfico Galego, dentro do Programa de Accións Formativas do CCG.

Compartir: