Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de marzo

11.15 h.
Na Galería Sargadelos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a IX Campaña de Animación á Lectura "Lendo máis… cerca".

11.45 h.
Día do árbore e da auga
No parque de Volta do Castro (a carón da Rúa Fernández Albor), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa no acto de celebración do día da Árbore e da Auga, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. No acto, nenos e nenas do Colexio Quiroga Palacios e veciños do barrio farán unha plantación de árbores e arbustos.
NOTA: haberá un vehículos a disposición dos medios de comunicación que sairá da Praza do Obradoiro ás 11.30 h.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar a Festa da Uña. Na rolda tamén estarán o presidente da Asociación de Veciños Monte do Gozo de San Lázaro, Germán Hermida, e representantes da Asociación Cultural e de Festexos de San Lázaro.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Proposta da Alcaldía relativa á denominación de varias rúas da cidade.
3. Proposta da Alcaldía de concesión da medalla de Ouro da cidade.
4. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
5. Rogos e preguntas.
6. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h.
No CSC de Vite, O bufón e a infanta dentro do programa A hora do contacontos.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Orquesta Sinfónica de Galicia dirixida por Víctor Pablo Pérez. Con Sandrine Piau, soprano; Ann Murray, mezzosoprano; Philip Langridge, tenor; Mark Stone, barítono e o Cor de Cambra del Palau de la Música Catalana, dirixido por Jordi casas.

Compartir: