Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de marzo

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Albino Vázquez Aldrey, para presentar unha moción.

11.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á nova directora da Escola Municipal de Música, Sara Domínguez Lloria. A continuación (12.15 h.), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez Silva, xunto coa directora da Escola Municipal de Música, para presentar o programa máis inmediato de actividades.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mercados, Carlos Nieves Vicente, para presentar a iniciativa MostraNatura do Ensanche. Estará acompañado por representantes da Fundación Santiago Centro Área Comercial e de Asproga.

13.30 h.
Na Casa do Concello, recepción aos homenaxeados e premiados na Gala do Comercio 2009.

20.30 h.
Na antiga estación de tren de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Relacións Veciñais.

Compartir: