Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 23 de marzo

10.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Francisco Aréchaga, para falar sobre o congreso de minería sostible que terá lugar en Santiago do 15 ao 17 de abril.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar o material informativo "A auga na historia da cidade". Tamén estarán na rolda a xerente de Aquagest en Santiago, Paula Piñeiro, e a autora do material, Mercedes Vázquez, do colectivo Dehistoria.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación de 2009 de Teatro+Danza en Xira.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; do director da Fundación Más Árboles, Óscar Rando; e do presentador do programa Internight dos 40 Principales, Tony Aguilar, para presentar a campaña para reverdecer o Camiño de Santiago con sementes de nendo dango, organizada pola Fundación e na que colaboran o Concello e a emisora musical.

21.30 h.
No Teatro Principal, Aula de Teatro da USC representa Xogos á hora da sesta, de Roma Mahieu.

18.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Amigos do Ferrocarril.

Compartir: