Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de marzo

11.00 h.
Na sede da FEGAMP, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á sesión ordinaria da Comisión Executiva da devandita entidade.

12.00 h.
Na sede da FEGAMP, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á sesión extraordinaria da Comisión Executiva da devandita entidade.

11.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Víctor Freixanes, director da editorial Galaxia, para presentar os catro últimos títulos da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea. Na rolda estará tamén o director editorial de Galaxia, Carlos Lema.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h.
No Museo do Pobo Galego, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Galicia 25. Unha cultura para un novo século", que organiza o Consello da Cultura Galega con motivo do 25 aniversario da súa creación.

21.00 h.
SCQ Danza
No Auditorio de Galicia, Giseliña do Centro Coreográfico Galego dentro do programa SCQ Danza. Director, Cisco Aznar.

CICLO CINEMA GALEGO. Teatro Principal.
20.15h. A mariñeira de Antón Dobao
22.00h. Fronteiras e A terceira póla. Ambas de Rubén Pardiñas.

Compartir: