Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de febreiro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa no "Foro Expansión AGBAR: el agua en la España del siglo XXI", que organiza o diario Expansión.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h.
No Paraninfo da Universidade da Coruña, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á entrega do III Premio Euroforo Empresarial.

Compartir: