Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de febreiro

11.00 h.
No Auditorio, concerto didáctico da Banda de Música Municipal, Os instrumentos da Banda. Programa:

H. Mancini (1924-1994)
A panteira rosa
R. Anderson (1947)
A festa das trompetas
Polca
G. Anklin
Glissandos
Polca para trombóns
W. A. Mozart (1756-1791)
Marcha turca da sonata en La maior
Marcha
(xilófono e banda)
M. Novoa
Mozos de Penedo
Muiñeira

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Educación, Ángel Currás, sobre asuntos desta área.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, sobre asuntos da súa área.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva da modificación puntual do Estudo de detalle para a instalación de ascensores nos edificios de Aviación Civil da Avenida Salamanca-rúa de Oviedo.
3. Aprobación definitiva do Estudo de detalle da parcela residencial R-2 do SUNP-4. Camiño Francés.
4. Proposta do concelleiro delegado de promoción económica e turismo de adhesión e aprobación dos Estatutos da Rede de Cidades do Camiño de Santiago.
5. Integración do Concello de Santiago de Compostela como socio fundador na "Red de ciudades para la bicicleta".
6. Proposta da concelleira delegada mobilidade e seguridade cidadá de concesión de medallas e distincións a membros da Policía Local.
7. Subsanación de erro en acordo plenario de designación de nome de rúa.
8. Dar conta de persoamentos en recursos contenciosos administrativos en materia de urbanismo.
9. Dar conta de Resolución da Alcaldía do 3 de febreiro do corrente ano.
10. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h.
No CSC de Vite, proxección de As loiras prefírenos cabaleiros dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Orquesta Sinfónica de RTVE. Adrian Leaper, director. Miguel Ituarte, piano
21.00 h.
No Teatro Principal, Rosalía 21, Espectáculo poético musical con Anxo Angueira, Guadi Galego, Abe Rábade, Nelson Cascais, Jesús Santandreu, Bruno Pedroso e Úxía Senlle.

Compartir: