Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de febreiro

11.00 h.
Na rúa Pérez Constanti, 4, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, inaugura o Proxecto Persoa IV, no que participan 120 persoas desempregadas, divididas en dúas quendas de 60 persoas cada unha.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h.
No CSC do Castiñeiriño, Charla afectivo-sexual baixo o nome de Sen cita previa, dirixida a adolescentes que se fai en colaboración co centro Quérote.

18.30 h.
No CSC da Trisca, proxección de Un berro de silencio, A guerra dos avós e Soldados de fortuna, dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao Club de Patinaxe Fontiñas.

19.00 h.
No CSC do Catiñeiriño, A Hora do Contacontos con Marisa Irimia.

19.30 h.
No CSC das Fontiñas, Concerto de Entroido da Asociación Cultural-Musical Solfa.

21.00 h.
Na Sala Capitol, concerto de Sinestesia, The Blows e We arte standard, que inaugura o 2ª certame MÚSICAXOVE’09, organizado pola Concellaría de Xuventude.

Actividades de Entroido na Rede de CSC
18.00 a 20.00h. No CSC de Villestro, Obradoiro dos Bolechas.
18.30 a 20.30h. No CSC da Rocha, Obradoiro dos Bolechas.
18.00 a 20.00h. No CSC do Castiñeiriño, Obradoiro dos Xenerais da Ulla.

Compartir: