Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de febreiro

10.00 h.
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o IX Congreso Federal de CC.OO.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico. Abe Rábade, jazz.

19.30 h.
No CSC José Saramago de Vite, proxección de Quérote mal dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

20.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, acompañado do presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e os presidentes da Asociación de Hostelería de Santiago, Jesús Sordo e José Antonio Liñares, farán entrega dos diplomas do Sistema Integral de Calidade Turística que acreditan aos estabelecementos e servizos turísticos.

IV Ciclo de Cinema LGBT
20.15h. Breakfast with Sot de Laurie Lynd.
22.00h. Quemar las naves de Francisco Franco-Alba.

Actividades específicas do Entroido na Rede de CSC
18.00 a 19.00h. No CSC José Saramago de Vite.
18.30 a 20.30h. No Local Sociocultural de Amio.

Compartir: