Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de febreiro

11.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o proxecto do edificio que albergará os fondos do Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" no parque de Vista Alegre. Tamén asisten a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o reitor da USC, Senén Barro; o arquitecto e autor do proxecto, César Portela; e o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e da presidenta da Federación de Asociacións de LGBT de Galicia, Aturuxo, para presentar o V Ciclo de Cinema Lésbico, Gai, Bisexual e Transexual que se celebra no Teatro Principal do 12 ao 18 deste mes.

13.00 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa do Antroido 2009. Na rolda tamén estarán José L. Méndez, creador do Meco, e as comparsas "Os conformistas de Conxo" e "A ruliña de Laraño".

17.00 h.
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Congreso Nacional de Violencia de Xénero e Saúde, organizado pola Consellería de Sanidade.

19.00 h.
No CSC José Saramago de Vite, proxección de Amigos invisíbeis dentro da sección O Pequeno é Fermoso do programa de Cinemas Dixitais.

20.30 h.
Na Sala Capitol, concerto do grupo Tindersticks, dentro do ciclo Importa Santiago D.C, organizado pola Concellaría de Xuventude.

Compartir: